Suspendido o desfile de comparsas de O Porriño pola choiva
Queda cancelado tamén o velorio e Enterro da Sardiña

Imagen de archivo de nubes(EFE)

Vigo
O desfile de comparsas programado para esta tarde suspéndese debido ao mal tempo. Así o anunciou hoxe a concellería de Cultura ante as previsións meteorolóxicas que indican unha alta probabilidade de que chova á hora do desfile.
Queda cancelado tamén o velorio e Enterro da Sardiña previsto para mañá mércores. Polo de agora non se determinou ningunha nova data para a celebración do evento.