Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
A Guarda

A Guarda sumouse as conmemoracións do Día de Rosalía de Castro

Tanto o alumnado coma o profesorado amosaron unha moi boa acollida desta actividade

A Guarda sumouse as conmemoracións do Día de Rosalía de Castro

A Guarda sumouse as conmemoracións do Día de Rosalía de Castro

Vigo

O pasado 23 de febreiro Rosalía de Castro estivo de aniversario e a súa celebración espallouse por toda a xeografía galega. Na Guarda tivemos a honra de celebrar esta efeméride cunha programación pensada para reivindicar a figura de Rosalía dende un halo de actualización e vangardismo, así escolleuse a imaxe e proxecto Rosalía Total da artista do Val Miñor Irene Silva que reinterpreta o habitual busto da escritora galega inundándoo de cor e alegría. Esta imaxe transportada ata o Porto da Guarda foi a utilizada nos marcapáxinas que se repartiron nas librerías e na Biblioteca municipal e que aínda seguirán a disposición dos veciños ata fin de existencias.

Pero sen dúbida a gran celebración tivo lugar co público escolar. Os seis centros de ensino da Guarda: San Xerome, A Sangriña, As Solanas, Manuel Rodríguez Sinde, PP Somascos e San José-HH.Carmelitas acolleron a actividade Rosalía cantareira coa que se fixo un exercicio de reactualización da figura de Rosalía a través da musicalidade dos seus versos.

Irene Silva e Fatima Granja fixeron cos nenos de primaria unha actividade interactiva para “sentir a Rosalía”, o obxectivo das artistas non é un coñecemento profundo da obra, senón contaxiar emocións e acabar sentido que a obra rosaliana transcendeu os seus 160 anos e segue a estar presente porque “lle falou ao pobo”. Para elo puxéronlle música de rancheira, rumba, rock e rap implicando aos alumnos nos retrousos dos poemas para entonar ao final ao unísono a ritmo de rap: “E canta se queres na lingua que eu falo”.

Tanto o alumnado coma o profesorado amosaron unha moi boa acollida desta actividade, por ser un xeito diferente de achegarse á obra e figuras rosalianas. Destacar que como parte do seu programa educativo, o colexio CEIP As Solanas quixo facer unha entrevista ás artistas Irene Silva e Fátima Granja na súa emisora de radio (Radio Treboada) que dende o día 25 pode escoitarse na web do centro. Unha entrevista que recomendamos para poder coñecer un pouquiño mais da alma deste proxecto.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00