O Concello da Guarda saca a licitación da cafetería da Estación Marítima
Os pregos de prescricións administrativas e técnicas están a disposición de todos os interesados no Perfil do Contratante do Concello

Estación Marítima A Guarda

Vigo
O Concello da Guarda ven de publicar a licitación do contrato administrativo especial de cafetería- restaurante na Estación Marítima da Pasaxe.
O prazo para presentar proposicións remata o vindeiro día 11 de marzo de 2022. O canon mínimo, que pode ser mellorado a alza é de 4.141,87 €/anuais e a duración do contrato é ata o 9 de xuño de 2029, que é a data na que expira o Convenio con Portos de Galicia.
Os pregos de prescricións administrativas e técnicas están a disposición de todos os interesados no Perfil do Contratante do Concello da Guarda que se atopa aloxado na Plataforma de Contratación do Estado.