Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Concello contrata a esterilización da súa población felina

A campaña para o control das colonias felinas utilizará o sistema CES e supón un investimento anual de 9.540 euros

Antía Carrera

Antía Carrera

Vigo

O Concello do Porriño promove unha campaña de control da poboación felina en liberdade a través da cal se esterilizarán 150 gatos que forman parte das colonias controladas no municipio.

A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Antía Carrera, vén de formalizar o contrato mediante o cal a clínica veterinaria Canis, sita no Porriño, levará a cabo a esterilización de 120 femias e 30 machos. O importe da campaña ascende a 9.540 euros.

Utilizarase o sistema CES (Captura, Esterilización e Solta) para evitar o crecemento descontrolado da poboación de gatos. Un equipo de voluntarias e voluntarios acreditados polo Concello encargaranse de coller aos animais e facer o seu seguimento. “Imos seguir apostando por este sistema porque permite facer un control ético das colonias”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Temos o compromiso firme de alcanzar o máximo nivel de protección e benestar dos animais, ademais de asegurar a súa convivencia coa veciñanza. Nesa liña traballamos”

No mesmo sentido se manifestou a concelleira de Medio Ambiente. “No Porriño temos algunhas colonias felinas urbanas e periurbanas controladas e a esterilización mellora a vida dos animais e diminúe considerablemente o tamaño dos grupos”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir