Rosana Martínez: “O amor romántico perpetúa a violencia”
A investigadora Rosana Martínez axúdanos a analizar o impacto da educación no xeito de amar
Rosana Martínez analiza el mito del amor romántico
00:33
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Ourense
San Valentín é unha data sinalada no calendario de moitas persoas para celebraren o amor. Unha festividade que ten a súa orixe no cristianismo, a través do que se conmemoran as boas obras realizas polo Santo. Porén a celebración estendeuse ao terreo da laicidade e trouxo consigo unha interpretación máis ampla. A educación recibida inflúe no xeito de amar, que frecuentemente está marcado polo feito de sermos homes ou mulleres. Martínez lembra que “o amor é un espazo vulnerable para as mulleres porque construímos a nosa identidade en base a un eu relacional do coidado e de entrega a outra persoa e os homes constrúen a súa identidade en base a un eu de independencia”.
Rosana Martínez, investigadora do Grupo de Saúde, Sexualidade e Xénero da Universidade de Vigo, explica que días como San Valentín enfatizan o modelo de amor romántico. Unha serie de mitos socialmente compartidos como, por exemplo, “se te quere, contrólate, perpetúan a violencia”. Esta serie de crenzas dan pulo, á súa vez, a relacións de desigualde entre homes e mulleres. Elas aprenden a amar para a fusión, interiorizando a ética do coidado, e eles aprenden a alonxarse das emocións. Nesas relacións desiguais, agroman actitudes controladoras. As adolescentes “exercen ese control sobre as parellas e eles, ademais do cibercontrol, exercen o ciberacoso e a usurpación da identidade”.
Estas condutas teñen como base o amor romántico socialmente compartido, que en días como o de San Valentín déixanse ver tamén no tipo de agasallos que se realizan. Rosana Martínez advirte que se fan regalos sexistas e estereotipados, destinados unicamente para mulleres e homes, mais tamén obsequios hipersexualizos “por exemplo unha lencería para estrear esa noite na intimidade de San Valentín”.
San Valentín anima a amosar o amor, pero tamén pode ser unha data interesante para repensarmos de que xeito estamos a manifestar os nosos sentimentos.