Salud y bienestar | Ocio y cultura

Ribadavia comezará a reforma do centro de saúde

O Concello negocia coa Xunta máis melloras

Vista de Ribadavia / GoogleMaps

Vista de Ribadavia

Radio Ribeiro

Xunta e Concello realizarán a sinatura de acta de inicio de obra hoxe xoves as 11.30 horas no centro de saúde de Ribadavia do proxecto “Rehabilitación e actuación enerxética da envolvente térmica do Centro de Saúde”.

O Concello considera necesaria esta actuación, destacando o aumento inversor respecto a febreiro do ano pasado, cando inicialmente a Xunta anunciaba que a reforma exterior custaría 351.500 euros.

Así, durante estes meses, o equipo redactor e os técnicos da Consellería de Sanidade procederon a rematar o proxecto de execución, tendo como resultado un incremento do proxecto inicial, estimando un investimento de 351.500 euros, e que agora se incrementa ata acadar un importe para a licitación da obra de 692.815 euros.

A pesar deste notable incremento, desde o Concello continuaremos insistíndolle á Consellería sobre outras melloras que deben ser realizadas, xa que o actual proxecto (a pesar deste incremento) non contempla ningunha mellora na estrutura do edificio, nin no seu saneamento, abastecemento de auga nin rede eléctrica.

Sendo unha moi boa nova este investimento tan importante, dista moito dos máis de 2 millóns de euros que o SERGAS comprometera ao Concello de Ribadavia mediante un convenio de antes de 2009, asinado entre as dúas administracións.

Rampa de acceso desde a rúa ao centro de saúde para persoas de mobilidade reducida: consideramos que debería ser mellorada, xa que a actual ademais de atoparse en mal estado, é moi reducida e pouca apropiada para as necesidades dun centro de saúde e aparcadoiro.

Desde o Concello "teñen a certeza de que o SERGAS será receptivo a estas demandas de mellora", que serán reiteradas este xoves no acto de inicio de obra.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00