A Guarda oferta tres novos obradoiros gratuítos para comercio, hostalaría e empresas
Plans de Marketing para Campañas Comerciais o Venta a través das principais redes sociais son as propostas formativas que se ofertan entre febreiro e marzo.

Cartel de los talleres / Concello de A Guarda

Vigo
O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Desenvolvemento Local oferta nos meses de febreiro e marzo tres obradoiros de xeito gratuíto dirixidos a comercio, hostalería e empresas.
Estes obradoiros están enmarcados na campaña de apoio a o comercio local, iniciada xa no ano 2020 por mor da situación sanitaria e que, a finais de 2021, propiciou a realización de dous obradoiros e que, nesta primeira parte de ano 2022, inclúe un obradoiro para a realización de Plans de Marketing para Campañas Comerciais, outro sobre Venta a través das principais redes sociais e un sobre venta online web e a través de marketplaces.
No obradoiro sobre “Plans de Marketing para Campañas Comerciais” os participantes terán a oportunidade de aprender cales son os pasos necesarios para actuar ante unha campaña comercial elaborando un Plan de Marketing, porqué é necesario facelo e cales son os seus beneficios, así como os pasos a seguir para a súa correcta elaboración, ferramentas e aplicacións que axudan á súa correcta execución. Terá lugar o venres 18 de febreiro ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.
O sobre “Ventas a través das principais redes sociais” permitirá coñecer cales son as principais redes sociais do mercado que permiten a venda a través das súas plataformas, cales son as súa vantaxes e desvantaxes e como é o seu funcionamento. Terá lugar o venres 4 de marzo ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.
O último obradoiro para esta primeira parte do ano 2022 versará sobre “Venta online web e a través de marketplaces”, onde os participantes ampliarán información sobre as diversas plataformas de venda multicanal existentes no mercado, empregando unha comparativa que axudará a elixir cal é a máis axeitada en función de cada tipo de sector ou empresa, os seus custos e metodoloxías de traballo. Terá lugar o venres 18 de marzo ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.
Os obradoiros teñen unha duración aproximada dunha hora e media e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a informacion@aguarda.es , as prazas son limitadas.