Ocio y cultura

A exposición "A Coruña no tempo" complétase cun catálogo

A Xunta e Afundación presentan unha divulgación sobre a identidade e a historia da cidade

A Coruña

A Xunta e Afundación presentaron o catálogo da exposición "A Coruña no tempo", unha publicación na que se divulga a historia e a identidade da cidade. A mostra está aberta ata o 16 de setembro na sede de Afundación nos Cantóns.

O catálogo está pensado como unha obra de referencia para achegar ao público desde os fitos máis importantes da cidade ata os menos coñecidos que contribuíron á conformación da identidade actual da Coruña, segundo subliña o comisario da exposición Manuel Gago. Na presentación da publicación, o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, destacou que tanto a mostra como o catálogo supoñen "unha oportunidade única de abordar a cidade desde diversas perspectivas, pero desde un mesmo punto de partida".

"A Coruña no tempo" desde a súa inauguración o pasado 12 de xullo foi visitada por máis de 8.000 persoas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00