Trescentos participantes daranse cita na subida a Rocas-O Eirado e na Andaina Popular
O próximo domingo día 11 de xuño, en Esgos daranse cita 300 participantes
:quality(70)/cloudfront-eu-central-1.images.arcpublishing.com/prisaradio/UUCYET55NJGVPDAX3OLD5HIKDA.jpg)
Presentación da XV Subida Rocas-O Eirado en Esgos. Participan Rosendo Fernández (Vicepresidente da Deputación Ourense) e Mario Rodríguez González (Alcalde do Concello de Esgos). / Alberte Paz Deputación
A XV Subida Rocas- O Eirado sairá de Esgos ás 11:00 horas, e pasará polo Mosteiro de San Pedro de Rocas, Arcos e Virxen do Monte, ata volver a Esgos, cunha altura
máxima de 1.163 metros. Esta cita, cun percorrido de 13 quilómetros, contará cunha participación de 200 deportistas e será o Campionato de Galicia de Montaña.
Pola súa banda, a andaina popular non competitiva é unha actividade complementaria á carreira, cunha participación estimada de cen persoas. Esta proba ten un
percorrido de 20 quilómetros e discorre por roteiros de senderismo e camiños rurais. Saerá do centro de Esgos cara o Mosteiro de San Pedro de Rocas polo Camiño
Real, de ali a Arcos, Melón de Arriba, Melón de Baixo, Pensos, Pardeconde e Moiroás para volver ao centro de Esgos.