Pablo Vila: “Estou entre versos e acordes”
O vigués actuará na Arca da Noe a partir das nove e media da noite
Ourense
`Noches largas´ foi o primeiro traballo de Pablo Vila, cancións que produciu no seu estudio na súa casa. Naquel momento estaba nun grupo de versións. `Velas rotas ´está entre o pop e o rock e “foi cando puiden gravar con Lichis en Madrid”.
Porén, Vila mestura poesía e música e disto da conta o seu espectáculo `O soño e o eco´. Un recital musical “está a funcionar moi ben dentro e fóra de Galicia”.
Esta noite, Vila chega por primeira vez á Arca da Noe en Vilar de Santos onde ofrecerá un concerto en acústico do que nos falou en Hoy por Hoy Limia.