A Vivir GaliciaA Vivir Galicia
Ciencia y tecnología

Augusto Pérez Alberti “Estou moi preocupado, a Lei do Litoral da Xunta carece dun estudo sobre a dinámica costeira dos vindeiros anos”

Catedrático de xeografía física da USC xubilado, experto en paleoclima, xeomorfoloxía glacial e en edafoloxía.

Estou moi preocupado pola Lei do Litoral da Xunta de Galicia

Estou moi preocupado pola Lei do Litoral da Xunta de Galicia

14:18

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1683479290432/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Santiago de Compostela

O profesor Pérez Alberti é moi respetado pola comunidade internacional polas súas investigacións, dirixiu máis dunha ducia e participou e máis dunha vintena en diversos países: Canada, Francia, Montevideo, Uruguay, Brasil, Chile, Portugal, Arxentina ou Marrocos por nomear algúns. Neste momento está a piques de rematar a tese sobre os solos do Courel e anuncia que haberá algunha que outra sorpresa.

Na entrevista en A Vivir Galicia – Cadena SER mostrou preocupación polo proxecto de Lei do Litoral da Xunta de Galicia, non entende que careza da recomendación dos científicos baseada na dinámica da costa, o clima está a mudar a unha velocidade descoñecida pola humanidade e xa temos unha costa moi activa que se vai extremar coa crise do clima, por iso lle parece inconcebible que o único empeño da administración autonómica sexa que a lei resulte útil únicamente dende o punto de vista do Dereito. “Teño a impresión de que é maior a preocupación por legalizar obras, por manter certas actividades no litoral, que en podelas manter tendo en conta que o mar come a costa galega”.

O catedrático galego foi recoñecido en 2002 co Premio Trasalba polo seu labor cultural e galeguista, ten máis dunha ducia de libros, 350 publicacións e unha viaxe a Antártida no ano 2018 para estudar a dinámica paraglaciar.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00