Política

Coñecemos as listas electorais da comarca de Bergantiños

32 candidaturas, sete delas independentes. PP, PSOE e BNG presentes en todos os concellos

Urna / cadena ser

A Costa da Morte

O calendario electoral tiña hoxe unha cita co anuncio das diferentes candidaturas dos concellos que pertenecen á Xunta electoral de Zona en Carballo. Ao igual que nas comarcas de Fisterra e Soneira, en Bergantiños haberá presenza de PP, BNG e PSOE en tódolos municipios. A maiores, nalgúns concellos os electores terán un amplo abano de opcións. Son os casos de Malpica (con cinco candidaturas diferentes), Carballo (6) e o récord de Ponteceso con sete siglas optando á alcaldía.

A Laracha

En A Laracha o Partido Popular aspira a seguir mantendo o bastón de mando que detenta un José Manuel López Varela que estará acompañado por José Ramón Martínez Barbeito e Patricia María Bello Canedo nos primeros postos. O PSOE mantén no número 1 a María Palomi Rodríguez Castiñeira, nunha lista na que a siguen Héctor Suárez Prego e Alba Dolores Toba Ferreiro. O único partido que optou por renovar a cabeza de cartel foi o BNG, con Carolina Castiñeiras Brandón. José María Cotelo Freire e David Antonio Bermúdez Lamas son os números dous e tres, respectivamente.

Cabana

Outro feudo do Partido Popular en Bergantiños é o concello de Cabana, no que José Muíño opta á reeleción, flanqueado por Carlos Allo Cundíns e Sheila Recarei Varela. O BNG ecolleu á expresidenta da Asociación Comarca de Soneira, Tatiana Rellán, para buscar o espazo do nacionalismo na vila, con Sandra Redondo Fernández e Marcos Lois Costa nos primeiros lugares. O candidato do PSOE é Juan Ramón Varela Martínez seguido por Ana María Silvarredonda Leis e Daniel García Rivera.

Carballo

A capital de Bergantiños sufriu moito movemento no período preelectoral. En Carballo desaparecen opcións como Terra Galega e emerxen outras como Por Un Mundo Máis Xusto con Jesús Deus Gende á cabeza. José Luis Bardanca Rojo e Patricia Rodríguez Cruz completan a cabeza do cartel. Debutan tamén formacións como VOX (Manuel Gómez Eiroa) ou Podemos. A formación morada escolleu a José Manuel Lorenzo Castro para buscar espazo na corporación municipal, acompañado de María del Carmen Cambón Rodríguez y Juan José de la Cruz Blanco. O BNG defenderá un dos concellos máis poboados que goberna no país. Evencio Ferrero busca prorrogar o seu mandato catro anos máis, secundado por veteranos na xestión como María Belén Lendoiro Esmorís e Xosé Regueira Varela. Enfrente terá ao deputacdo autonómico Rubén Lorenzo, cun Partido Popular que o flanqueou María Beatriz Neira Varela e Isidro Varela Bardanca nos primeiros postos. Pola súa banda o PSOE a María del Carmen Vila como candidata, con Valentín Costa Trillo e César Fernando Varela Novo no trío de cabeza da candidatura.

Coristanco

Outro dos concellos onde hai novidadaes é Coristanco. As oito listas que concorrían en 2019 quedaron na metade nesta ocasión. O Partido Popular buscará afianzar a victoria dun Juan Carlos García Pose que estará acompañado nos primeiros postos por Silvia Pose Castro e Enrique Tasende Lavandeira. BNG e PSOE buscarán medrar nun escenario incerto á espera de saber o destino dos votos das candidaturas que non se presentan. O BNG con José Antonio Andrade Figueiras como candidato e Jesús Manuel Brandón Fernández e Laura Mariño Taibo ao seu carón. Os socialistas a José Manuel Pérez Abelenda para encabezar a lista, con María Cruz Fraiz Allo e Marcelino Cambre Bouzas nos tres primeiros postos. Vox acude con José Manuel Secundino González Vázquez de número 1.

Laxe

En 2019 Laxe volveu a mans do Partido Popular, cun José Luis Pérez Añón que opta a revalidar a maioría absoluta. Francisco Charlín Oróns e Raquel Lema Allo serán os números 2 e 3 da lista popular. A alternativa en 2019 foi o PSOE, que nesta ocasión escolleu a Francisco José Vidal Castro para reconquistar o bastón de mando. Marta Caamaño Alvarellos e Fabián José Romar Lema secundan ao candidato socialista. O BNG completa a actual corporación e acude á elecións confiando en Xosé Manuel Pose Lema, con María Cristina Vázquez del Prisco e Isabel María Toja Toja os primeiros postos. A cuarta opción desta volta será Podemos-Esquerda Unida-Alternativa verde, unha confluencia que conta como cara visible a Fernando del Moral Regaldíe. Antonio Jara López e Claudia Fabiana Bajo Susany estarán nos primeiros postos da lista.

Malpica

Un dos concellos que tivo unha lexislatura máis convulsa foi Malpica, cunha moción de censura que desaloxou da alcaldía á coalición PSOE-BNG en favor da suma entre PP e un Alfredo Cañizo que foi denominador común de ambos gobernos e facilitador da mudanza. Eduardo Parga Veiga pasará exame á fronte do PP buscando completar un novo mandato de catro anos, con Miguel Angel Fernández Miras e Noelia Freijeiro Novo como segundo e terceira da candidatura. O PSOE acudirá ao 28 de maio de novo con Walter Pardo como candidato á alcaldía, buscando un resultado que lle aporte maior estabilidade. José Angel Garrido Suárez e María Manuel Álvarez Rey ocupan os tres primeiros posto xunto co exalcalde. O BNG, socio de goberno no primeiro tramo de lexislatura, optou por Miguel Angel Varela Varela para o número 1 do seu plantel, con Miguel Platas Rodríguez e Leticia Naya Varela. Alfredo Cañizo recupera ás súas siglas de AIM (Alternativa Independentes por Malpica) logo do seu paso por Ciudadanos. María José Martelo Souto e Ricardo Chouciño Ruiz son os seus acompñantes nos primeiros postos. En Malpica concorre Vox con José Ferreiro Añón.

Ponteceso

A situación máis convulsa do período 2019-2023 deuse en Ponteceso, cunha mistura de intrigas, escándalos e plenos cheos de incidentes que acabou desembocando en sete alternativas ao sillón da alcaldía. O pronóstico en Ponteceso é incerto á vez que moi aberto. O PSOE opta á repetir victoria con Xosé Lois García Carbaliido como un dos poucos supervivintes da lista do 2019, con Noelia Varela Suárez e José Manuel Nuñel Costa nos tres primeiros lugares da listaxe. Enfrente terá a un Partido Popular que opta a reconquistar á paraza da man do empresario José Manuel Martínez, acompañado por María Josefa Álvarez Bugallo e Constantino Fernández Vila nos postos máis relevantes. O BNG volve á escea coa candidata Fátima Rodríguez González, á que se lle suma Miguel Pose Amado e María Vitureira Facal. En Ponteceso haberá ademáis catro candidaturas independentes. UCIN (Unión de Ciudadanos Independientes) con Óscar Souto González como candidato á alcaldía e José Manuel Puñal Ordóñez Óscar Moreira Veiga nosn postos máis relevantes. Concorre tamén o Partido Galego, con varios ex edís do PSOE na anterior lexislatura e que buscaron outras siglas logo do seu enfrontamento co alcalde. Da man de Juan Ramón Vidal Torrado e con Raquel Fondo Pérez e Fernando Castro Andrade, buscarán capitalizar parte do descontento. APIN figura nesta ocasión como Espazo en Común, con José Manuel Pose Verdes como candidato e nomes coma Adrián Laíñio Gallegos Susana María toja Blanco dando apoio nos primeiros lugares da candidatura. Por último, a sétima listaxe será a encabezada por Roberto Andrade de Santiago á fronte de Adiante Ponteceso. Alejandro Torrado Bermúdez e María Fernando Castro Castro serán o 2 e o 3.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00