Hoy por Hoy VigoHoy por Hoy Vigo
Música

Fillas de Cassandra, chegar e encher

O dúo vigués consolidouse en poucos meses como un dos proxectos musicais máis prometedores do panorama galego emerxente

Entrevista a María Soa y Sara Faro, duó que forma "Fillas de Cassandra"

Entrevista a María Soa y Sara Faro, duó que forma "Fillas de Cassandra"

12:43

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1681391195946/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Vigo

Un dos fenómenos musicais destes primeros meses do 2023 é Fillas de Cassandra, un proxecto de dúas viguesas que lanzaron a finais de febreiro o seu primeiro traballo discográfico, 'Acropole'. Este dúo conformado por María Pérez (MaríaSOA) e Sara Faro viaxa polos textos clásicos para poñer en relación ás personaxes da mitoloxía grega co mundo actual, ao que devolven unha ollada feminista e contemporánea a través da música.

‘Acrópole’, producido por Berto e publicado da man de Tremendo Audiovisual, fía a súa narración a través de oito relatos actuais que asocian ás figuras de Antígona, Cassandra, Dafne, Eco, Pandora, Syrinx ou mesmo de Lisístrata. En moi pouco tempo, estas cancións tiveron recoñecemento tanto de crítica como de público. No concerto de presentación na Sala Capitol de Santiago esgotaron entradas, o igual que este sábado na Sala Mondo en Vigo. En verán actuarán en festivais como O Son do Camiño e Revenidas.

Entre os seus temas, o máis reproducido e 'II. Lisístrata (varre vasoira)', co que gañaron o premio aRi[t]mar a Mellor Música do Ano de Galicia, por diante de cancións como 'Para cando eu morra' de Sés e 'Paxaro do demo', de Baiuca y Xoel López. Nunha entrevista en Hoy por Hoy Vigo e Baixo Miño, falamos da orixe de Fillas de Cassandra, da elección do nome, do impacto da súa música ou da fusión que realizan coa voz, as percusións, o piano e os sintetizadores.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00