La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad
Escolas Bosque

O CEIP da Cruz de Camos contará cun "bosque-patio" de 1.200 m2

O concello de Nigrán aprobará tamén no vindeiro pleno a transformación do bosque-escola do CEIP Carlos Casares de Vilariño

O goberno local de Nigrán consignará no pleno do 27 de Marzo un total de 124.000 € para a transformación do patios do CEIP da Cruz e 117.932 € para o CEIP Carlos Casares. O arquitecto Fermín González, ideólogo do sistema pedagóxico Lupo e do programa 'Mestre de Obra', de referencia en toda Galicia ao defender a natureza e o xogo como o mellor método de aprendizaxe, presentou a pasada semana o proxecto á dirección do CEIP da Cruz e ao alcalde, Juan González. Grazas a estas dúas actuacións, Nigrán pasará a ser unha localidade de referencia en España ao poder mesturar nestes dous colexios públicos a ensinanza convencional e os métodos educativos alternativos das ‘escolas-bosque’.

A intervención en Camos consistirá en gañar para o recinto 1.200 m2 colindantes da zona Sur que cede altruistamente a Comunidade de Montes da parroquia e ao que se accederá a través dunha gran porta de transición con forma de 'casiña'. Nesta nova parcela de forma irregular e de gran pendente habilitaranse ramplas accesibles cun percorrido circular e atallos directos entre elas aproveitando a gran presenza de carballos reforestados nos pasados anos e doutras especies autóctonas como silvas e fentos. Este auténtico bosque-patio aberto á experimentación educativa sumará en sucesivas fases equipamentos como poderían ser 'tipis', asambleas de troncos, invernadoiros...

"É un proxecto único polo propio enclave do colexio. Ata hai pouco, que estivese situado no medio do monte víase como algo negativo, agora esa circunstancia descubrirase como unha oportunidade marabillosa", considera o rexedor, quen subliña como o colexio quedou pechado ao bosque mentras que agora regresará "ao estado que naturalmente lle corresponde". Neste sentido, avanza que as obras de acondicionamento durarán 2 meses e se realizarán preferentemente durante o verán.

CEIP Carlos Casares de Vilariño

Tal e como xa anunciara o Concello, o programa #MestredeObra de Sistema Lupo tamén deseñará un bosque-escola para o CEIP Carlos Casares de Vilariño, tal e como demanda desde hai anos a comunidade educativa. Neste caso, trátase de integrar unha parcela municipal lindeira de 2.000 metros cadrados (separada fisicamente por un muro e alambrada) e que no 2018 o Concello bautizou como 'Souto Casares' tras realizar unha plantación na que participou todo o colexio e os dous fillos do escritor. O proxecto busca crear un bosque totalmente natural sen que se note que hai un traballo de deseño previo detrás para que dé a sensación de que estás nun lugar que sempre foi así. A intención é aproveitar a gran cota de diferencia entre o patio e o cumio da parcela para crear diferentes sendeiros peonís entre árbores de especies autóctonas que desemboquen nun claro no bosque, que será onde permaneza o actual xogo de bolos celta. Non existirán as actuais escaleiras, nen muros, nen ningún elemento de separación, seguiránse as propias regras da natureza.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00