Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad
8M

Tui prepara unha exposición e un roteiro para continuar coa programación do 8M

Este martes celébranse unha acción artística e unha exposición que renderán homenaxe ás mulleres pintoras

O Concello de Tui continúa coa programación conmemorativa do 8M, o Día Internacional das Mulleres. Esta semana son varias as actividades que centran este programa.

Este martes celebrarase unha homenaxe ás “Mulleres Pintoras”, ás 18h00 no Paseo da Corredoira. Consistirá na posta en escena da peza artística “Subterránea” de Mónica Sueiro. Trátase dunha acción escénica que reivindica e visibiliza a figura de moitas artistas que foron silenciadas ao longo da historia. É unha metáfora das mulleres que collen forzas para reafirmarse, que non renuncian a si mesmas e pelexan por saír á luz. A continuación, na Oficina de Turismo inaugurarase a exposición pictórica da Asociación de pintura Tyde.

Este xoves, 16 de marzo, a cita será co humor e a comedia. Da man da Deputación de Pontevedra, o Teatro Municipal de Tui acollerá o espectáculo “Cómicas, habelas hainas!”, a cargo de Marta Doviro, Jazmín Abuín e Arantxa Treus, coa presentación de Bárbara Grandío. Será ás 20.30 h con entrada gratuíta ata completar aforo.

Xa o domingo, día 19, celebrarase o roteiro “Camiñando con elas”, que tivo que ser adiado por mor da previsión de choiva da pasada fin de semana. Será un percorrido dunha hora polo conxunto histórico que partirá ás 11.00 h dende a rúa Rosa Bahamonde. Coñecerase a historia e a vida de dez mulleres tudenses: Antonia Saravia, Cándida Rodríguez, Clara Torres, Conchiña Concheiro, Evagelina Jaso, Josefa Correa, Mª Suárez Sarmiento, María Tydeska, Raíñas Dona Urraca, e Rosa Bahamonde. Para participar é preciso inscrición previa na Oficina de Turismo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00