Hora 14 VigoHora 14 Vigo
Sociedad
Patrimonio

A Xunta autoriza ao Concello de Vigo a rehabilitar o Pazo da Raposeira e á reforma do muro do Pazo da Pastora

O Pazo da Raposeira, catalogado como Ben de Interese Cultural, xa recibira no 2022 fondos europeos para a súa recuperación

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, vén de informar ao Concello de Vigo sobre os proxectos para a rehabilitación e acondicionamento do Pazo da Raposeira e a intervención nun muro de contención do Pazo da Pastora.

O departamento autonómico responde aos documentos achegados pola Administración local no que se remite as actuacións denominadas “Proxecto de execución de rehabilitación e acondicionamento do Pazo da Raposeira” e “Proxecto de intervención, rehabilitacion parcial de muro de contención e peche en Pazo da Pastora”. Este inmoble, declarado Ben de Interese Cultura, xa recibiu o pasado mes de outubro 1.495.000 euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno español.

No primeiro dos casos, a nova autorización de Patrimonio Cultural condiciona o permiso a que as escavacións precisas para executar a obra deberán realizarse baixo control arqueolóxico. Ademais, tras finalizar a intervención, achegarase unha memoria final que documente adecuadamente todo o proceso levado a cabo en cada unha das súas fases.

Pola súa banda, no caso do Pazo da Pastora, deberá igualmente realizarse a memoria final e entregarse á Dirección Xeral no prazo de seis meses desde finalizada a intervención.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00