La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad
Mos

Conde destaca na súa visita á TyM Ganaing (Mos) a súa aposta pola diversificación, innovación, sustentabilidade e internacionalización

O conselleiro de Economía avanza que está aberta a liña de axudas de economía circular da Xunta

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asegurou hoxe, durante a visita ás instalacións de TyM Ganain en Mos, que empresas como esta permiten a Galicia contar cunha potente industria auxiliar que dá soporte a sectores que serán clave na transformación enerxética e dixital do modelo produtivo.

TyM Ganain, con máis de catro décadas de experiencia, está especializada na fabricación e construción de equipos para a automoción, o naval, a aeronáutica ou a eólica offshore. Conde destacou a aposta deste empresa pola diversificación, así como pola innovación e a sustentabilidade e puxo en valor a súa presenza no mercado internacional, cara a onde destina o 80% das súas operacións.

O vicepresidente económico destacou o papel da Xunta acompañando ás empresas nos seus plans de investimento. Neste sentido, explicou que TyM Ganain mobilizou 1,1M€ grazas aos apoios da Xunta no eido da dixitalización, a I+D+i, a internacionalización ou a economía circular.

A este respecto, xa está aberta a nova convocatoria da liña de axudas de economía circular para que pemes e autónomos poidan contar con procesos máis eficientes e maiores aforros de consumo cun orzamento de 1,5M€. Axudas das que se beneficiou, na anterior edición, TyM Ganain.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00