A Vivir GaliciaA Vivir Galicia
Ocio y cultura

"Temos o entroido posiblemente máis rico e diverso de Europa"

Rafael Quintía é antropólogo, escritor, músico e profesor.

Máis ganas de entroido ca nunca

Máis ganas de entroido ca nunca

11:16

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1675528186131/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Santiago de Compostela

Unha afirmación que está baseada na variedade de personaxes e na diversidade de formas de vivir un dos entroidos máis longos do mundo. Na segunda metade do século XX, co paso dunha sociedade rural a unha urbana, perdéronse moitos entroidos, pero ainda así “somos un pobo que tendemos a conservar as cousas e as tradicións que consideramos importantes. Ó igual que pasa co entroido pois pasa con outros elementos que conforman a nosa cultura e o noso patrimonio inmaterial, desde a mitoloxía, a música e outros aspectos nos que somos moi ricos e incluso cousas que noutros países figuran en libros de etnografía de hai un século, pois aquí por sorte están vivas e ainda se poden ver e vivir”.

Tamén conversamos co alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, cun entroido recoñecido como de Interese Turístico Internacional, para a que o deste ano reune as circunstancias para volver a esencia do que a pandemia interrumpíu hai dous anos.

Son doce días de festa que comezou o sábado do petardazo, o pasado 28 de xaneiro, o sábado 4 de febreiro é o da colga do Meco acompañado pola procesión de fachos, o domingo 5 é o do xogo das olas, o 11 e 12 é corredoiro, venres 17 o desfile infantil cunha participación de máis de 2000 pequerrechos, sábado e domingo de entroido o 18 e 19, martes de entroido o 21 para rematar co domingo de piñata o día 26.

“Non hai aloxamentos desde hai semanas, moitos reservan dun ano para outro” “Ninguén se sinte forasteiro, todo o mundo participa, somos un entroido de vivilo coa xente, non somos un entroido de pasarela como pasa noutros sitios, o de Xinzo é un entroido moito máis tradicional” Elvira Lama, alcaldesa de Xinzo de Limia.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00