Hora 14 VigoHora 14 Vigo
Sociedad
Sanidade

Caballero pide á Xunta celeridade na autorización para instalar un baño na ETEA

O rexedor criticou en rolda de prensa que o Goberno galego "tarde sete meses en autorizar a conexión á rede de abastecemento"

O Concello de Vigo comezou en xullo a tramitación para a instalación dun baño na ETEA. Abel Caballero decidiu que a praia da ETEA ten que ter bandeira azul, distintivo que esixe ter servizos nas praias como son os baños. Algo que segundo denunciou o rexedor, a praia non acadará o distintivo este verán. O Concello segue a esperar a autorización da Xunta de Galicia para poder instalar un baño na ETEA 7 meses despois.

“O 20 de xullo solicitamos á Xunta a autorización para poder conectar o baño á rede de abastecemento e instalar o aseo público. Catro meses despois, a Xunta dígnase a contestar a solicitude requirindo máis documentación que respondemos inmediatamente. A día de hoxe, tres meses despois, seguimos sen resposta. Sete meses esperando por unha autorización para conectarse a rede de abastecemento”, relatou o alcalde en rolda de prensa.

O goberno local solicitou instalar o baño na confluencia entre a praza de Armas e o camiño á praia da Punta. “Todo o paga o Concello: o aseo, a conexión, a instalación, o mantemento e a limpeza. A Xunta só ten que autorizar”, afirmou.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00