Política

Muxía súmase aos concellos que terán candidatura independente nas elecións municipais

O malestar existente nalgunhas vilas e o desexo de marcar distancias “cos partidos tradicionais” propicia que o fenómeno “independente” teña de novo protagonismo nas elecións locais

David Iglesias

A Coruña

As candidaturas independentes volverán a ter protagonismo na próxima cita coas urnas. O malestar existente nalgunhas vilas e o desexo de marcar distancias “cos partidos tradicionais” propicia que o fenómeno “independente” teña de novo protagonismo nas elecións locais.

Más información

En Ponteceso xa foi presentada a que liderará Roberto Andrade acompañado por un grupo de persoas sen experiencias anteriores na vida política. A súa iniciativa vén motivada polo desexo de rebaixar “o clima de crispación dos últimos anos” nunha vila protagonista habitual de leas políticas. Acusacións entre partidos, escisións no PSOE (gañador das elecións de 2019), plenos cargados de tensión, denuncias nos xulgados e unha polémica con gravacións no despacho do alcalde que a día de hoxe sigue sen ser aclarado. No espectro político dos independentes terán que buscar o seu espazo con APIN, un clásico da vila pontecesá.

Outro dos concellos onde máis crispación houbo nesta lexislatura é o de Muxía. Nas próximas eleccións, ademáis do PSOE, PP e BNG os muxiáns poderán votar a unha nova formación independente que, con toda probabilidade, estará liderada polo ex Patrón Maior Javier Sar. Un home moi aprezado na Vila da Barca e que, segundo as fontes consultadas, podría aglutinar un apoio significativo.

As de Ponteceso e Muxía son as 2 das candidaturas independentes que se presentarán na zona. Independentes por Cee por primeira vez non contará co ex alcalde Ramón Vigo como candidato, sendo sustituido por Pilar Iglesias. Pese ao paso atrás do fundador do partido, os independentes de Cee decidiron concurrir en solitario logo dun proceso de debate sobre o seu futuro. En Cee concurrirá tamén Unión Cidadá, a lista encabezada por Víctor Somoza que en 2019 conseguiu o apoio duns 250 veciños.

Tampouco faltará á cita electoral co seu partido o tenente-alcalde de Malpica, Alfredo Cañizo, tras unha etapa nas ringleiras de Ciudadanos. Concurrirá de novo como independente o corcubionés José Ramón Rojo co PACOR. As conversas para integrarse no PP non cuallaron e finalmente a falta de unha, Corcubión terá dúas listas independentes coa de Sempre Corcubión encabezada por Alfredo González.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00