La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad
Obradoiro

O Concello de Nigrán continúa este martes e xoves con actividades de "O vaivén das historias"

As persoas que queiras participar terán que inscribirse previamente

Picasa

O Concello de Nigrán continúa este martes e xoves con actividades de Nadal de 'O vaivén das historias'. Concretamente, o martes 20 e xoves 22 de 10:30 a 13:00 ofrecerá no Centro Social de Maiores de Vilameán un faladoiro-obradoiro para adultos no que estes deberán achegar un obxecto de moito valor sentimental para contar a historia que vai ligada a ese obxecto e xuntos reflexionar sobre o apego. Pola súa banda, na mesma ubicación, o martes de 17:30 a 19:00 horas haberá un obradoiro para nenos e avós para, dunha forma divertida, promover o consumo responsable, espertar conciencias e sensibilidades e recoñecer e valorar obxectos, así como a desprenderse deles. Os interesados en participar en calquera destas actividades deben inscribirse previamente no 644674553.

O Concello de Nigrán arrancou este mes unha iniciativa novidosa proposta desde 'El telefonillo' que pretende unir ás persoas mediante unha segunda vida (e relato) para os seus obxectos máis queridos. Con este fin, en cada unha das 7 parroquias quedou instalada unha caixa na que os interesados en participar deberán depositar algo persoal xunto cun escrito que resuma a súa particular vinculación co obxecto. O 7 de Xaneiro será o momento de xuntar e expor todo o recolectado nunha festa especial de 12:00 a 14:00 horas no Auditorio Municipal na que os asistentes poderán escoller o agasallo ao que desexan darlle unha nova vida.

"Trátase de poñer o foco do Nadal no que realmente importa: as relacións interpersoais, o cariño, a empatía e a compañía", explica o alcalde, Juan González. "O único requerimento é que sexan obxectos que teñan unha historia detrás que contar. É unha iniciativa para que participe xente de todas as idades, pero é certo que a xente maior, por cuestión simplemente de idade, acumula máis vivencias e, polo tanto, máis historias", explica a edil Maria Mayán.

As 'caixas do vaivén' están instaladas en Parada no CEE Juan María, en Priegue no Centro Cultural 'O Torreiro', en San Pedro no Centro da Terceira Idade de A Ramallosa, en Panxón no Pavillón de Deportes, en Camos no Centro Cultural 'A Camoesa', en Nigrán na Casa Consistorial, e en Chandebrito no bar da rúa Igrexa.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00