A Vivir GaliciaA Vivir Galicia
Política

"É a gran noticia da década" afirma José López Campos, alcalde de A Estrada.

Noticia que fai referencia a ampliación da autovía Santiago-A Estrada. O rexedor estradense leva 3 mandatos e sopesa presentarse ao cuarto.

"É a gran noticia da década" José López Campos  sobre a  ampliación da autovía Santiago-A Estrada

"É a gran noticia da década" José López Campos sobre a ampliación da autovía Santiago-A Estrada

07:53

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1671295525559/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Santiago de Compostela

Na entrevista en A Vivir Galicia - Cadena SER, José López Campos, falou do período de reflexión no que se atopa en relación co feito de presentarse ou non a un cuarto mandato á alcaldía de A Estrada, decisión que coñeceremos o xoves día 22.

Tamén xustificou a demora na aprobación dos orzamentos de 2023 para evitar retrasos nos pagos aos proveedores e facilitar así a liquidez dos mesmos. Confía en que no mes de febreiro podan estar aprobados.

En relación co anuncio de que a primeiros de ano a Xunta licitará a primeira das dúas fases da ampliación da autovía de Santiago-A Estrada, José López Campos, considera que é a gran noticia da década para o norte da provincia de Pontevedra e que será o motor de futuro para os concellos de A Estrada, Silleda, Cuntis, Forcarei, Cerdedo-Cotobade...Debería axudar a fixar poboación nun territorio que perde habitantes ano tras ano.

A autovía Santiago-A Estrada, a AG-59, ten en uso algo máIs de 6 km desde o ano 2008, coa licitación anunciada duplicaría a súa lonxitude e so restarían 4 km para quedar ás portas do concello pontevedrés. O que agora se anuncia é a licitación de dous subtreitos, o de A Ramallosa-Pontevea e o de Pontevea-O Rollo. Restaría un tramo final que neste momento está en proceso de redacción e pendente de ser sometido a información pública.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00