Sociedad

Estas son as aldeas galegas que se iluminan no Nadal

Cada vez son máis os núcleos rurais galegos que no Nadal decoran con luces as súas parroquias e aldeas para enchelas de luz e vida. Aquí describimos algunhas que se poden visitar este ano

Chega con botarlle un ollo ao rexistro demográfico de calquera concello de Galicia para darse de conta que as aldeas e núcleos rurais perden habitantes a pasos axigantados. Cunha poboación envellecida e co éxodo das familias máis novas cara os núcleos urbanos e as cidades, as aldeas quedan literalmente sen xente, e porén, sen un legado que perdure no tempo da súa historia, a cultura e as peculiaridades.

Certo é que coa chegada da pandemia do coronavirus moitas familias volveron a ver como unha opción válida a vida no rural, sempre e cando a conexión a Internet sexa decente, que é outra das eivas que padecen as aldeas. Mais este pequeno empurrón non detén a hemorraxia de habitantes lonxe das cidades.

Aínda así, son moitas as aldeas que se resisten a converterse en lugares fantasma e apostan pola posta en valor dos seus núcleos de diversas maneiras. Unha delas con gran protagonismo no Nadal. Cada vez hai máis núcleos rurais que decoran as súas casas, cruceiros e calzadas con luces, portais de Belén, e bonecos de neve que supoñen un reclamo para pequenos e maiores e provoca, como se dunha romaría se tratase, que polas aldeas nas que viven pouco máis dunha ducia de veciños transcorran centos de curiosos e visitantes a desfrutar do aire limpo, da natureza e do espazo aberto pero sobre todo, das luces de cores que emocionan a cativos e maiores.

Neste artigo facemos un percorrido por algunhas destas aldeas que ao longo do mes de decembro e parte do mes de xaneiro se volvan a encher de xente, de vida e de luz.

Os veciños de Cardecide, en Cuntis, adiántanlle a Vigo no acendido das luces de Nadal

Neste caso, sos os veciños da aldea e da Asociación San Roque de Cardecide os encargados de iluminar as casas e a contorna do lugar. Segundo nos conta Teresa Núñez, secretaria da asociación, este ano adiantaron incluso a Vigo co acendido das luces. Sinala que, como a decoración a van poñendo pouco a pouco entre os veciños, os traballos comezan en novembro.

A tradición empezou cun dos veciños que decidiu decorar toda a fachada da súa casa con luces, e por non quedar atrás, as demais vivendas fóronse sumando. Son case todos maiores, polo que Teresa recoñece o esforzo pero tamén a recompensa de ter un motivo para xuntarse. Cóntanos que non todo é traballar para colocar as luces, xa que amenizan as tarefas con chocolatadas nas que participan todos, desde os máis pequenos ata os máis maiores. Neste punto, e como excepción as aldeas do rural galego que se van quedando sen xente, Teresa conta con ledicia e orgullo que en Cardecide naceron tres nenos nos últimos tempos.

Como xa levan varios anos iluminando a aldea, durante o Nadal non paran de desfilar coches de curiosos e visitantes que escollen as luces de Cardecide como actividade de lecer. As luces acéndense sobre as seis da tarde e apáganse á unha, un par de horas máis tarde que en anos anteriores para paliar o incremento dos prezos da enerxía.

Cardecide, a aldea de Cuntis que se enche de luz cada Nadal

Cardecide, a aldea de Cuntis que se enche de luz cada Nadal

07:32

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1671093157127/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A aldea de Codeseda ilumínase en Lalín

O Museo Etnográfico Casa do Patrón de Codeseda ilumina e decora cada ano unha aldea na que viven 18 persoas. Ao longo duns 200 metros, árbores, balos, fachadas e tellados cúbrense de centos de luces led para percorrer o corazón da aldea. Ademais, un par de portais de Belén presiden un paseo que comeza á altura da nova Capela construída o ano pasado e que alberga numerosos Beléns en miniatura dignos de admirar e deseñados a gran parte deles co agarimo de Amparo Blanco, unha das veciñas que compaxina o seu traballo co Museo do Patrón.

A aldea de Codeseda ilumínase no Nadal (Lalín)

A aldea de Codeseda ilumínase no Nadal (Lalín)

01:51

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1671092287208/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Para que se fagan unha idea desta aldea sita no rural de Lalín, durante a visita, Amparo contounos que a rapaza máis nova da aldea é a súa filla e ten 14 anos. Cando naceu, os veciños fixeron unha festa no lugar con pancarta de benvida e todo.

Un photocoll en Riomaior, elemento central da iluminación de Nadal en Vilaboa

Un photocoll cun cono tridimensional de 4 caras con 4 metros de alto por 2 de ancho en cor azul e con flash será o elemento central da iluminación de Nadal co que o Concello de Vilaboa ambientará todo o municipio. Estará sito en Riomaior, entorno no que este ano se instalará o Mercadiño de Nadal, que contará tamén con iluminación propia para visibilizar a súa presenza desde a calzada e facilitar así as ventas dos artesáns que instalen alí os seus postos.

O Concello de Vilaboa confía en que o photocoll sexa un atractivo máis do Nadal local e outro motivo para achegarse ata Riomaior e desfrutar dos agasallos artesanais e creativos como opción de regalos nestas datas.

O alcalde, César Poza, explica que o acendido realizarase o 20 de decembro, como acto simbólico de responsabilidade ambiental e dentro dos compromisos adquiridos polo Concello no Pacto polo Clima. A iluminación no municipio amplíase con 36 arcos luminosos repartidos entre as diferentes parroquias, así como diversos motivos decorativos nos farois.

Belén Artesanal de Valga

Non todo van ser luces, hai concellos e parroquias, como a de Campaña en Valga, que tamén reciben a miles de visitantes por diversas actividades relativas ao Nadal. Con 250 metros cadrados de superficie e máis de 3.000 pezas, da que 300 teñen movemento, o Belén Artesanal máis grande de Galicia abre as súas portas en Valga todos os días ata o 8 de xaneiro de 2023. Despois, ata o mes de outubro, pódese visitar por medio de cita previa.

No Belén de Valga mestúranse as típicas escenas relixiosas, as protagonizadas por personaxes ilustres do Concello ou de acontecementos ocorridos ao largo do ano. A famosa noria e luces do Nadal de Vigo, o enterro da raíña Isabel II ou o fenómeno Tanxugueiras teñen nesta ocasión protagonismo nas temáticas elixidas pola asociación.

Vermú con SER - Así é o Belén Artesanal de Valga (27/11/2022)

Vermú con SER - Así é o Belén Artesanal de Valga (27/11/2022)

22:21

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1669623363343/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00