Hora 14 VigoHora 14 Vigo
Ocio y cultura
Concertos Xacobeo

A Igrexa de Santa María de Vigo acollerá o estreo do ciclo "Concertos na Esencia do Camiño"

A Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra será a responsable dos espectáculos que recorrerán recintos simbólicos da ruta xacobea.

A Basílica-Concatedral de Santa María de Vigo será a sede da primeira das actuacións do ciclo de "Concertos na Esencia do Camiño". A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presentou este mércores o ciclo que levará a música da Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra a cinco recintos espirituais simbólicos no percorrido da ruta xacobea.

Acompañada polo bispo da Diócese de Tui-Vigo, Luis Quinteiro, e polo director da Banda de Gaitas, Hipólito Cabezas, a representante autonómica avanzou que o vindeiro domingo, 4 de decembro (20:00 horas), a Basílica-Concatedral de Santa María de Vigo acollerá a primeira das actuacións.

“Esta iniciativa sobre música e Camiño no Ano Santo completa unha programación que abarcou todos os campos, desde a cultura ata a faceta social, pasando polas iniciativas deportivas, e agora poñendo en valor o significado xacobeo e a súa espiritualidade a través da música e da iluminacion artística”, sinalou.

Pola súa banda, o bispo Luis Quinteiro apuntou que a iniciativa recolle “a verdadeira esencia do camiño, nunha perspectiva dende os inicios, cando os peregrinos dirixíanse a Santiago na percura da fe e atopaban nas igrexas do camiño, axuda, morada, abrigo e comida”.

Tras o concerto en Vigo este domingo, o ciclo tamén se desprazará ata a igrexa de Santa María de Baiona, a Santa Domingo de Tui, ao Mosteiro de Oia e á Basílica de Santa María de Pontevedra. No caso de Vigo haberá unha proxección na pedra de vídeo e poemas do camiño de Santiago. Xunto á Banda de Gaitas, actuará Noelia Álvarez, o tenor Fausto López e o coro Allegro de Vigo.

Hipólito Cabezas sinalou que o concerto estará composto de melodías de gran parte dos camiños, Portugués e Francés, marchas procesionais e alzamentos, xunto a temas actuais como o Hallelujah de Leonard Cohen, ou o tema Gabriel´s Oboe da Banda sonora da película “La misión” de Ennio Morricone.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00