Más deportes

O CD Burela FS pasa á seguinte ronda da Copa da Raíña

As guerreiras laranxas superan a 2ª eliminatoria cunha ampla vantaxe: 0-7

Las chicas del CD Burela FS celebran el pase de ronda en la Copa de la Reina

Burela

O club burelense lócese cun 0-7 no Poliesportiu Can Vidalet contra un AE Penya Esplugues moi motivado, pero que nada puido facer ante o talento das guerreiras laranxas.

As xogadoras do CD Burela FS mostraron a seriedade e competitividade que as caracteriza, controlando o partido durante os 40 minutos de xogo. Sumando goles de forma paulatina e constante, lograron impoñerse cun 0-5 no descanso nunha primeira parte dominada de forma clara polo equipo mariñán.

Na segunda parte do encontro, o equipo catalán saíu con forza dende os vestirarios, intentando frear o potencial do Pescados Rubén Burela durante os primeiros 12 minutos, pero no minuto 32 Cilene anotou o seu segundo gol do partido, marcando de novo a superioridade do mellor equipo do mundo.

Nos últimos minutos de xogo, co partido xa resolto, Dasha puxo a nota final dun encontro do que se fixeron donas dende o inicio, anotando o 0-7 co que acabou o choque desputado coma visitantes.

Dende o clube lucense destacan que "pese a xogar contra un equipo de categoría inferior, no que podían haberse relaxado, tras a longa viaxe dende Burela e despois do partido do sábado pasado, as Guerreiras Laranxas non baixaron a garda en ningún momento, mostrando unha boa actitude e seriedade moi destacables.

Con este cómodo resultado, as rapazas do CD Burela FS conseguen facerse cunha plaza na próxima fase da Copa da Raiña.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00