Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Ocio y cultura

Vinte bandas de Galicia e Portugal presentarán os seus traballos no MUMI

A Eurocidade Tui-Valença acoge la próxima semana el III Encontro Profesional de Músicas con actividades abertas ao público

Entrevista a Manuel Roxo, coordinador de la programación gallega del MUMI 2022

Entrevista a Manuel Roxo, coordinador de la programación gallega del MUMI 2022

08:41

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1663590655123/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Tui

La música galego - portuguesa será de novo a protagonista do MUMI, que se celebrará do 29 de setembro ao 1 de outubro en Tui e Valença, no que dez nomes de Galicia e outros dez de Portugal amosarán en director ao público, profesional e tamén xeral, a diversidade de propostas musicais que conviven na escena actual.

A organización III Encontro Profesional de Músicas presentou este lúns a programación de showcases e avanzou que, a oferta para profesionais desenvolverase no Teatro Municipal de Tui e no Espazo OFF da Academia de Música da Fortaleça de Valença, mentres que os concertos abertos ao público terán lugar na Avenida da Estaçao de Valença e no Paseo da Corredoira de Tui. O artista portugués Omiri e o proxecto galego de Xosé Lois Romero & Aliboria serán os encargados de ofrecer o concerto de apertura do MUMI 2022 o xoves 29 de setembro na Avenida da Estaçao de Valença.

Brais Morán & Nasafunk, Brassica Rapa, Caamaño & Ameixeiras, Caldo, Golfiños, Momboi, Mounqup, Neboa, Xan Campos Trío e Xosé Lois Romero & Aliboriaconforman a relación dos showcases galegos programados. No caso de Portugal, as bandas seleccionadas son tamén dez: Birds are indie, Crua, 47 de Fevereiro, Dapunksportif, Kumpania Algazarra, Manuel Maio, Meta, Omiri, Raia e Space Ensemble. O MUMI 2022 fixo esta selección entre as 352 propostas artísticas candidatadas para os showcases, que van dende a música tradicional á electrónica esencial, pasando polo jazz, o funk e o pop de autoría,

Outras actividades do programa

Ademais dos showcases, haberá tamén un programa de faladoiros nos que se van tratar temas como o "Financiamento Público para proxectos culturais", no que se falará de redes de financiamento, circuítos institucionais e apoios públicos; "As relacións entre axentes culturais e representantes políticos", no que se debaterán as dificultades na relación dos planos político e técnico en relación ás programacións culturais; o "Estatuto profissional da cultura", comparando a situación actual en Galiza e Portugal, diferencias que tamén serán analizadas na palestra "Riscos Laborais nos eventos musicais (PT - GZ)"; o "Papel dos medios de comunicación nas promocións artísticas", sobre os retos de futuro á hora de promocionar proxectos artísticos nunha era dixital; e "Proxectos transfroiterizos Galiza – Portugal", con exemplos inspiradores dos dous países. 

A xornada do sábado estará dedicada a visibilizar o traballo das administración locais de ambas beiras do Minho no ámbito musical. Como mostra desas iniciativas, o MUMI acollerá o Festival Minho Transfronteirizo, que pechará esta edición do encontró e no que participarán catro propostas musicais con base en Valença e Tui. Trátase dunha das novidades deste ano e está encamiñada a construír un espazo de traballo entre as administracións da Eurocidade e a comunidade profesional do MUMI.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00