SER Deportivos LugoSER Deportivos Lugo
Fútbol

"Porque os nosos capitáns o merecen", o asi é comunicado da Federación de Peñas do CD Lugo

Ante a posible retirada de Pita, Seoane e Iriome, os afeccionados piden que se prantexe unha homenaxe á altura destas "figuras emblemáticas"

Fernando Seoane, Carlos Pita e Iriome González posan en el Anxo Carro

Lugo

Baixo o título " Porque os nosos capitáns o merecen", a Federación de Peñas do CD Lugo quere homenaxear como é debido aos seus tres grandes "emblemas": Carlos Pita, Fernando Seoane e Iriome González.

"Ante a inminente conclusión da actual tempada, gustaríanos manifestar por segundo ano consecutivo a necesidade ineludible de poñeren valor a traxectoria dos tres capitáns por seren figuras emblemáticas da nosa historia", redactan.

Este comunidado, asinado por Brigadas, Peña Samuelson, Luguismo e a Peña CD Lugo baixo o amparo da Federación de Peñas, esíxe á entidade albivermella "a máxima sensibilidade coas decisións a tomar a curto prazo e que estas estean á altura do que estes xogadores teñen aportado á entidade albivermella".

Aclaran que este escrito non pretende "entrar no ámbito das decisión deportivas" se non que "desexamos compartir a nosa inquedanza respecto ao futuro de Carlos Pita, Fernando Seoane e Iriome González".

Puntualizan os siareiros albivermellos que a súa intención é "que se teña en conta o seu peso específico na historiado noso club e mantelos, a ser posible, como activos valiosos que poidan seguirdefendendo ao noso equipo na función que ámbalas partes consideren oportunas".

A afección do CD Lugo asume que o tempo pasa para todos, e tamén para o triunvirato lucense, mais queren evitar que estes se desvinculen ao cento por cento do clube e, ademais, marchen pola porta de atrás. Mantelos como activos do club é a única forma de que "os afeccionados podamos seguir disfrutando dos nosos capitáns durante moitos anos máis".

Ademais, puntualizan que " chegado o escenario dunha hipotética retirada esperamos que o CD Lugo sexa quen de planificar con tempo a organización duns actos que sexan memorables e que fagan partícipes a toda a masa social que ten vibrado coa súa entrega, fidelidade, honestidade e amor a unhas cores. Non son uns xogadores máis, son lendas que serán recordadas por xeracións de albivermellos"

O certo é que polo de agora ningún dos xogadores se teñen pronunciado sobre o seu futuro. A mecha que prendeu a chama do debate esta campaña foi unha publicación que facía o canario na súa conta persoal de twitter xunto os seus compañeiros. Unha mensaxe que moitos afeccionados entenderon coma o preámbulo dunha renovación a triple banda.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00