Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad | Actualidad
Día de la mujer

Ourense conmemora o 8-M seguindo as restricións

A Covid non impide as reivindicacións a prol da igualdade

Manifestación na rúa do Paseo, seguindo as medidas sanitarias, polo Día Internacional da Muller / Radio Ourense

Manifestación na rúa do Paseo, seguindo as medidas sanitarias, polo Día Internacional da Muller

Ourense

O ámbito dos coidados continúa a recaer, habitualmente, sobre as mulleres. Por iso, o colectivo feminista Galegas 8M, que aglutina a 54 colectivos feministas, convocou para hoxe manifestacións en toda a comunidade galega baixo o lema “sen coidados non hai vida”. Judith, de Galegas 8M, falaba aos micrófonos de Radio Ourense Cadena SER , para subliñar o significado deste lema.

Por parte dos Partidos Políticos tamén se celebran actos para conmemorar o Día Internacional da Muller. O Partido Popular realizaba  a súa tradicional ofrenda floral na oliveira que plantaran no parque da Teresita. Tamén está prevista para esta tarde a conferencia "A muller ourensá ante a pandemia". O Bloque Nacionalista Galego difundía na súas redes sociais un vídeo.

Pola súa banda, o Psoe de Ourense celebraba o sábado unha homenaxe ás mulleres sanitarias xunto a estatua Torre do Baño de Manuel Penín. Tamén a Deputación de Ourense súmase a este día coa presentación da App "VOUcontigo"; un espazo expositivo virtual que representa a realidade da muller traballadora.

Doutro lado, o alcalde de Ourense leu un manifesto e outorgou o Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades ás traballadoras do servizo de axuda ao fogar.

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Jácome lee el manifesto por el Día Internacional de la Mujer

00:00:0000:22
Descargar

Pola nosa banda, no Hoy por Hoy Ourense, coñecemos o labor da Asociación Valores. A súa presidenta, Elena Pérez, falounos do proxecto Malala. María Otilia Rodríguez, do gabinete á orientación familiar e muller maltratada, fixo fincapé na necesidade de investir en proxectos para loitar a prol da igualdade "porque se necesitan y hay muchas mujeres y familias que gracias a valores tienen una segunda vida y una segunda oportunidad".

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Elena Pérez, ONG Valores, nos habla de su trabajo a favor de la igualdad

00:00:0001:02
Descargar

Non se pode obviar que este Día Internacional da Muller suscitou polémica en certos sectores polas restriccións sanitarias. As asociacións feministas critican que coas manifestacións que se teñen feito até este momento non foron criminalizadas como as do 8M.

Tamén a Unión Intercomarcal de Comisións Obreiras de Ourense concentrábase no Parque de San Lázaro para conmemorar este día. Agora ben, tódalas convocatorias están asociadas a un protocolo para manter as medidas.  Celebramos o Día da Muller sen esquecermos que para traballar a prol da igualdade temos todo o ano.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir