Unha segunda volta case perfecta coloca ao Calvo Xiria a un punto do liderato

Universo Calvo: O Calvo Xiria volve a gañar ao Lalinense (03/03/2020)
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Despois dunha primeira volta na que o equipo tivo que amoldarse aos varios cambios que houbo durante o verán, o Calvo Xiria está agora protagonizando unha segunda metade de tempada espectacular. Agora mesmo, despois de gañarlle ao líder Lalinense (ao que xa gañou na ida e que só leva tres derrotas en vinte partidos), está a un punto do liderato.
Falamos co adestrador, Adrián Dubra, que nos conta como se está levando no vestiario este bo momento e as claves dese cambio de rendemento. Ademais facemos unha pequena previa do importante partido desta fin de semana.