Sociedad
Aguas termales

Futuros médicos asisten en Lugo a unhas xornadas sobre terapias termáis

As augas sulfuradas do Balneario de Lugo están indicadas para distintas doenzas

Dous clientes beben auga antes de mergullarse nas augas terapeúticas / Balneario de Lugo

Lugo

No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, o Balneario de Lugo-Termas Romanas acolle esta fin de semana unhas xornadas sobre a aplicación da balneoterapia en pacientes con problemas reumatolóxicos. Un grupo de futuros médicos, que se están a formar na cura termal, coñecerán o valor terapéutico das augas mineromedicinais en relación a estas doenzas.

As augas sulfuradas do Balneario de Lugo seven para combater procesos reumatolóxicos, debido á súa acción antiinflamatoria, analxésica e descontracturante, ao tempo que facilitan a mobilidade articular, reducen a rixidez e combaten a dor. Empréganse en particular para tratar todo tipo de reumatismos dexenerativos como as artroses -dende a de xeonllos ata a de columna-, ademais de doenzas inflamatorias como a artrite reumatoide, xunto con ciáticas, lumbalxias ou a gota. Tamén son efectivas para abordar as secuelas de traumatismos e cirurxías do aparato locomotor.

Máis do 70% dos pacientes afectados por doenzas reumatolóxicas melloran os seus síntomas tras recibiren tratamentos de balneoterapia Hoxe falamos en torno ás propiedades das augas termáis con Ascensión Sánchez, directora médica do Balneario de Lugo.

Coñece a maxia das augas termais de Lugo

07:32

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1583238963_146349/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00