Economia y negocios
Premios SERenidade

Radio Galicia recoñece a solidaridade, o talento e a aposta pola cultura na VII edición dos SERenidade

Cadena SER

Santiago de Compostela

Os premios SERenidade chegan á súa séptima edición. Radio Galicia-Cadena SER, a emisora decana de Galicia, recoñece o papel e a contribución á sociedade de personalidades e institucións vinculadas a Galicia. Os galardóns entregaránse nunha gala que terá lugar o próximo 12 de decembro no Auditorio de Galicia.

A Fundación Barrié e o equipo de restauradores do Pórtico da Gloria reciben o premio polo seu compromiso coa preservación do patrimonio. Este ano puidemos ver o espectacular traballo que, co patrocinio da Fundación Barrié, ten feito o equipo de restauradores baixo a dirección de Ana Laborde na obra clave do Mestre Mateo, en coordinación coa Fundación Catedral. Tras dez anos de traballo, agora desfrutamos do Pórtico de Gloria en todo o seu esplendor.

Radio Galicia tamén recoñece o traballo de Uqui Permui, a deseñadora da campaña "En negro contra as violencias", unha iniciativa que comezou en Compostela e que pouco a pouco, foi medrando, na edición de 2018 ten conseguido a adhesión de máis de 100 concellos de tres deputacións. Permui conseguiu cunha idea moi sinxela plasmar todo o horror da violencia machista e tamén toda a solidaridade que precisa.

A Fundación Andrea, recibe o galardón polo seu apoio a nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais, e ás súas familias. Sólo en 2018 prestou axuda a unhas 300 persoas. A súa fundadora, Charo Barca, foi quen de reconducir o seu drama persoal nunha iniciativa solidaria imprescindible para as familias que atravesan por unha situación similar. 

Javier Gutiérrez, o actor nado en Asturias pero criado en Ferrol, é todo un todoterreo, nos últimos anos participou en series e películas que o fixeron merecedor dun sinfín de galardóns. Radio Galicia quere recoñecer a súa traxectoria con este premio.

A Librería Couceiro, unha das máis antigas e emblemáticas da cidade de Santiago, conceciba como espacio cultural, acolle actos literarios e está especializada en libro galego e publicacións antigas. Dende a praza de Cervantes, é un referente na dinamización da vida cultural da capital de Galicia.

Radio Galicia tamén recoñece o talento de Borja Golán, o mellor xogador de Squash español. Natural de Santiago, foi dúsa veces campión de Europa e posúe 16 títulos de campión de España. Un premio a toda a súa traxectoria que o convirte nun dos mellores deportistas internacionais.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00