Sociedad

Nebot describe un novo sistema de transporte á demanda

A implicación dos taxis, o máis novidoso do modelo que prepara Pontevedra para a súa zona rural

Rafa Estevez

A necesidade de artellar un servizo de transporte público distinto ao existente en territorios de poboación dispersa foi o contido da disertación do enxeñeiro Fernando Nebot, que falou do sistema de transporte á demanda que está a organizar o municipio de Pontevedra para o servizo das persoas que habitan fóra da zona urbana.

O municipio non dispón de transporte público colectivo interno, aínda que máis de 20 líneas regulares de autobuses conflúen na cidade conformando unha rede de transporte de persoas tanto de proximidade como de longa distancia. Algunhas destas liñas conectan puntos como o hospital ou a cercana urbanización de Monte Porreiro coa zona máis urbana. Outras liñas convencionais dan un certo servizo ás parroquias da contorna, aínda que os seus puntos de destino estean fora do municipio. Con todo, considérase que o sistema actual non responde ás necesidades da cidadanía, porque quedan sen un servizo axeitado moitas persoas que teñen dificultades para desprazárense á cidade ou outros lugares como centros de saúde.

Tras tentar algunhas solucións sinérxicas co transporte escolar viron que esa non era unha solución acaída. Para chegar a ela, tiveron en conta o taxi, para o que están a organizar un sistema de reservas a través dunha central, que permita optimizar recursos e traslados con automóbiles pequenos, xa que é absurdo mover un autobús para trasladar só unas cantas persoas.

A central terá que combinar as necesidades de traslado das persoas que previamente comunicasen o seu traxecto, co que se planificaría o itinerario en función da demanda existente, recollendo sá persoa usuarias a unha determinada hora e devolvéndoas aos seus domicilios a outra. Para iso están a organizar un mecanismo informático que permita relacionar todos os datos necesarios e prestar un servizo co máximo aforro de recursos e combustible, contando co número de prazas e automóbiles adaptados á demanda existente e non máis.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00